.

Corpiño Xeitoso Lyrics

Que muller máis xeitosa
A que eu alcontrei
Que doces foron as verbas
Que eu lle escoitei.
Ela ficaba na praia
Deitada na area;
Cos meus ollos abertos eu ollei pra ela.
Eu lle dixen: ¡Ven!
E me dixo: ¿Qué?

Déixame vercho corpo dourado
Polo sol primeiro do mes de abril.
Ergue as túas maos ate que cheguen ao ceo,
Colle as estrelas, foron feitas pra ti.
Teu corpo xeitoso indo sobor da area,
O teu movemento é coma as ondas do mar,
Teu doce balanzo coma o vento te leva,
Teu corpo xeitoso quer botarse a voar.
Que feitura levaba no seu camiñar
Confundín o seu paso
co meu palpitar.
Cando ela chamoume
Fun á súa beira.
Abondaba o seu corpo
Pra vela primaveira
Eu lle dixen: ¡Ven¡
E me dixo: ¿Qué?
Report lyrics