.

Vodka Lyrics

Déixame pensalo só un momento máis (1, 2, 3, 1, 2, 3) estas cousas non se ven, téñoas que asimilar (si si, si si). Sempre me dixeches que me amabas demáis (bla bla bla) e de súpeto apareces con outro da man... Non sei se odiarte ou ir detrás, darlle unhas hostias ou calar; ¿qué faría Luis Buñuel se foses Catherine Deneuve? (¿Por qué non te perdes? ¿Por qué non te perdes?). Xullo 17, teño o móbil na man (pi pi pi pi pi) os rapaces chaman só pra me amolar (yeah yeah). Cando estou na aldea todos miran pra min (quen che dera) pero vén setembro e as cousas esas quedan en Quins... Xa estou tan farta de abrazarte, oírte, verte, ir por aí; ¿ti non notas que me aburre cada frase que me dis? [Que máis quixera que abrazarte, oírte, verte, ir por aí: se estou só só, só me aburro e penso en ti, en ti, si si]. (¿Por qué non me queres?) Logo virás aquí, ¡ay non!, para falar de ti. Ensimismada no alcol, e, home non, chorando por min. ¿Que dis, que dis? ¿Non ves que ti es peor? Eu só me apartei para poder vivir; non sabes que bo é non terte arredor: podo ir alí, podo ir alá, "Bailei co meu amor", "ñeñeñeñeñe". Pero esa non son eu, porque eu agora son feliz. Eu nunca te quixen enganar así, hai moito tempo que pasou, moito tempo que non, moito, non, moito hum, hum... esa danesa... (Sampler: Trini Lopez) ¡Amor perdóname... te estoy pidiendo, amor, perdóname..."
Report lyrics
Chorando apréndese (2009)