.

Un repoludo gaiteiro Lyrics

Rosalía de Castro - A. Prada

Un repoludo gaitero
de pano sedán vestido,
com'un principe c**prido,
cariñoso e falangueiro,
antr'os mozos o pirmeiro
en_as siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pol-a mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
as nenas hei de engañar.
Sempre pol-a vila entraba
con aquél de senorío.
sempre con poxante brío
c'o tambor s'acompasaba:
e si n-a gaita sopraba,
era tán doce o soprar,
que ben fixera en cantar
aló pol-a mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
as nenas hei de engañar.
Todas por él reloucaban
todas por él se morrían;
s'o tiñan cerca sorrían
s'o tiñan lonxe choraban.
Mal pecado!, non coidaban
que n-aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pol-a mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
as nenas hei de engañar.

Camiño d'a romería,
debaixo d'unha figueira,
canta meniña solteira.
Quérote!, lle repetía...;
y el co'a gaita respondía
por a todas envoucar,
pois ben fixera en cantar
aló pol-a mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
as nenas hei de engañar
N-as festas, cánto contento!
Cánta risa n-as fiadas!
Todas , todas namoradas
déranll'o seu pensamento;
y él, que d'amores sedento
quiso a todas engañar,
cand'as veu dempois chorar,
cantaba n-as mañanciñas:
-Non sean elas toliñas,
non veñan ó meu tocar.
Report lyrics
Rosas a Rosalia (1998)
Campanas de bastabales Paseniño, paseniño ¿Que pasa o redor de min? Corre o vento, o rio pasa Como chiove miudiño Pra a Habana Adivinase el dulce y perfumado Mayo longo Vamos bebendo Un repoludo gaiteiro A xusticia pola man Adiós rios, adiós fontes Cando era tempo Alguns din: ¡miña terra¡ Ya que de la esperanza ¿Que non xime? Airiños, aires Negra sombra