.

Sombra e Luz Lyrics

Quen saiu da xente
tocou-me na fronte
e fixo-me un meigallo
asi debilitoume
o pulso palpitou-me
hai que ver, carallo!
mirei-me de repente
toleadamente
f**indo polo atallo
o ceo esmagou-me,
a terra esquilmou-me
isto foi por Maio.
Qué é o que me pasa a min?
Que "parés" que me escondín
Non me vexo con ninguén
Sen a luz que me entretén
O mundo que me leva
A xentiña que me arrastra,
Bo barquiño de vela
Non quere ver borrasca
Xa non teño pais
Xa non sei quen son
Xa non podo máis
Xa perdín o son
Sei que abusei do que quero máis
Sei que toleei
Non te quero máis
Nada, nada que queda
Só tres bagullas
no teitume da peneda
Quen te peta quente?
Ceibou-me a fronte
E tirou-me o mal de ollo
A forza volveu-me
O mundo preceu-me
Que me daba apoio
Mirei-me de repente
Toleada a mente
Batendo coma un raio
No ceo voando
Na terra pisando
Berrei manda, carallo!
A miña sombra esquencín
e de p***to é que volvín
atopar o meu sostén
coa lus que me entretén
e o berro da alma
a apertiña da vida
envolta na calma
motivo ledicia
xa non podo máis
quero camiñar
non me queixo máis
volvo ao meu lar
xa non son langhrán
todo, todo me colma
máis tres sorrisos
no teitiño da peneda.
Report lyrics