.

Troquemos - Muiñeira de Mazaricos Lyrics

Se queres trocar trocamos
se queres trocar troquemos
estes meus ollos gallados
polos teus que son morenos
Tes ollos e non me miras
e tes boca e non me falas
e se tes outros amores
porque non me desenganas

Tanto miras para min
tanto che debo gostare
se fora filla dun rico
non me deixabas quedare
Pasei pola tua porta
pedinche auga e non ma deche
cando pases pola miña
farei o que me fixeche

Pasei pola tua porta
mirei polo trabelo
e a ladra da tua nai
acirroume o can trabelo
Se queres que eu cho diga
eu cantando cho direi
cantando tiven amores
e cantando os olvidei
Report lyrics
Beira atlántica (1990)
Troquemos - Muiñeira de Mazaricos Danza de Santa María de Toras Muiñeira de Cabana Danza das Burgas Beira atlántica Jig - Muiñeira do Miño - Carballesa Danza de palillos - Foliada Canción de berce Highlanders