.

Olla meu irmau Lyrics

Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del

O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda,
disfrazado de señor
O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido

O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol

O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre
O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil

Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando
dese teu noxento estrume
Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque
Castelao é noso

I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de
apropriación indebida.
Report lyrics
Saudade (2005)
Desterro Olla meu irmau Cantiga do neno da tenda Danza dos esqueletes Domingo Ferreiro Miña nai Pandeirada do Che Lonxe da terriña Nova Galicia Teu nome, Amarante Galego guajiro Saudade Tu gitana