.

Dun tempo para sempre Lyrics

Vese voar
unha moura soidade
que vai xurdindo
baixo o solpor;
sombras que doan
seu alento
e transforman o ar
nun incerto mencer;

voces que son
as pegadas dun tempo,
eco de doces
acordes de alalás.
Cando atoparemos
druidas envoltos
nos fumes das lubres
no bosque de Emaín;

e o val enfeitizado
polas sombras que ainda emerxen
da última noite,
noite de luar.
Soños galopando
xa rachan co silencio
e o vento asubía
acordes de alalás.
Report lyrics
Ara solis (1993)
Muiñeira de Malpica Dun tempo para sempre O soldado desgraciado Ribeirana / An. Dro Marcha procesional de Mato Muiñeira de Poio A cidade asulagada (valses) Muiñeira de Valdeferreiros Nodaiga Muiñeira de Piornedo Albarada