.

A Carolina Lyrics

A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle o rabo.
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor,
bailei co meu amor,
bailei co meu amor.
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

A Carolina é unha tola
que todo fai o revés;
Espese pola cabeza
e vistese polos pes

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel
Dime con quen bailaches?
Bailei co coronel,
bailei co coronel,
bailei co coronel.
Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel!
O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé,
bailei co meu Xosé,
bailei co meu Xosé.
Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!
No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor,
Co teu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
i é moi mala de baixar.
Report lyrics