.

Desexos Lyrics

Desexos,entre esperanzas e entre meses
Desexos,vendo a vida pasar
Vos Desexo,que non me colguen por favor do pelexo
E pelexo contrra min e contra o resto
Baleiro vida afogo corazón
E sempre perdo a paciencia e a razón
Apostando por xogadas suicidas
A bala Sae como un bico e me agarima

Lembro as apertas da traizón que aniquilan
Os agarimos esquecidos nese día
Que nos miramos e a tua vista torcías
Mentres o escombro me esmagaba e

Desexo!!
Que o tempo pase e me devolva os desexos
Que a vida volva a ser da cor deses beixos
E que os teus beizos me rescaten do silencio
No que preso me deixaron
Desexo que as moedas teñan cara e non s**an
Unha cruz que nos conduza á miseria
Que non existan máis coroas de espiño
Que por min nunca pases unha noite en vilo

Non sei se sigo morto ou xa estou vivo
Non sei nos días ando escondido
Por máis que busco non atopo camiño
No que un día entrelazados nos perdimos
Desexo que perdamos a cabeza
E que o medo nos levante a súa condena
Permitíndonos sair desta caverna
Na que só acaricio silvas e

Desexo!!
Que o tempo pase e me devolva os desexos
Que a vida volva a ser da cor deses beixos
E que os teus beizos me rescaten do silencio
No que preso me deixaron
Report lyrics